![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/2009_Malaysian_Grand_Prix_start_%2528cropped%2529.jpg/640px-2009_Malaysian_Grand_Prix_start_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Gran Premio de Malaisia de 2009
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Malaisia de 2009 (formalmente o XI Gran Premio de Malaisia Petronas) foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 5 de abril de 2009 no Circuíto Internacional de Sepang en Sepang, Malaisia. Foi a segunda carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009. A duración da carreira era de 56 voltas, pero polas chuvias torrenciais que caeron esta foi detida despois de completar 31. Jenson Button gañou para o equipo Brawn GP, saíndo da pole position. Nick Heidfeld quedou segundo co equipo BMW Sauber e Timo Glock terceiro para Toyota. Xa que non se alcanzou a distancia mínima do 75% (neste circuíto, 42 voltas), a repartición dos puntos foi a metade da normal, converténdose na quinta carreira na historia da Fórmula 1 en rematar desde xeito (con só 171.833 km percorridos)[1], sendo ademais a primeira desde o Gran Premio de Australia de 1991[2][3]. Brawn GP volveuse o segundo construtor en gañar os seus dous primeiros Grandes Premios do Campionato do Mundo desde que Alfa Romeo o fixera en 1950[4].
Nome oficial | XI Petronas Malaysian Grand Prix ![]() |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Malaisia ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009 ![]() |
Distancia do evento | 31 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Sepang 2°45′38″N 101°44′15″L |
Lonxitude | 2,706 km ![]() |
País | Malaisia ![]() |
Data | 5 de abril de 2009 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Jenson Button ![]() |
Pole position | Jenson Button ![]() |
Volta máis rápida | Jenson Button ![]() |