Goberno de España
Órgano executivo de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Goberno de España é o órgano constitucional que encabeza o poder executivo do país e dirixe a Administración Xeral do Estado. O Goberno está sometido politicamente ante o Congreso dos Deputados, a través de 3 mecanismos: a moción de confianza, a investidura e o voto de censura ao seu presidente, conforme ao parlamentarismo establecido pola Constitución de 1978. A súa regulación fundamental está nos Títulos IV e V da Constitución, e na Lei 50/1997, de 27 de novembro, do Goberno.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Goberno de España | |
---|---|
Tipo | Poder executivo |
Organización subsidiaria | Administración estatal e Ministerio da Presidencia de España |
Sede | Palacio da Moncloa |
País | España |
Na rede | |
http://www.lamoncloa.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
De acordo co artigo 97 da Constitución e o artigo 1.1 da Lei de Goberno, «o Goberno dirixe a política interior e exterior, a Administración civil e militar e a defensa do Estado. Exerce a función executiva e a potestade regulamentaria de acordo coa Constitución e as leis».