Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes (España)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes de España é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, encargado de impulsar e coordinar a acción política do Goberno. O vicepresidente ten encomendado por lei presidir a Comisión Xeral de Secretarios de Estado, que é a que prepara o Consello de Ministros, e a de ordenar e presentar, a través do Secretariado do Goberno, os asuntos que nel se debaten.
O vicepresidente tamén se encarga da relación do executivo co Parlamento, e tamén a función de portavoz do Goberno.