From Wikipedia, the free encyclopedia
A gibbsita[1] é unha das formas minerais do hidróxido de aluminio.[2]
Gibbsita | |
---|---|
Fórmula química | Al(OH)3 |
Clase | 4.FE.10 (Hidróxido) |
Sistema cristalino | Monoclínico - Prismático |
Cor | Azulada, verde, branca verdosa, gris, branca agrisada |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 2,5 a 3 na escala de Mohs |
Fractura | Difícil |
Exfoliación | Perfecta segundo {001} |
Raia | Branca |
Densidade | 2,4 g/cm3 |
Habitualmente descríbese como γ-Al(OH)3, aínda que ocasionalmente aparece reflectida como α-Al(OH)3.[3]
Este mineral foi descuberto por primeira vez en Richmond, no condado de Berkshire, Massachusetts, polo que inicialmente se coñeceu como richmondita.[4]
Inicialmente foi descrito por Dewey en 1820, baixo o nome de wavellite.[5]
Pero foi a descrición do mineraloxista estadounidense John Torrey en 1822 a que é referencia.
Este autor dedicouno a George Gibbs (1777-1834), mineraloxista e recolledor de minerais estadounidense,[2] dono da colección de minerais Gibbs, que foi adquirida pola Universidade Yale no século XIX.[6] [4]
Un sinónimo moi utilizado para designar este mineral é hidrarxilita.[7] [8]
A etimoloxía deste nome deriva da unión das palabras do grego antigo ὕδωρ hydōr, "auga" e ἄργιλλος árgillos, "arxila" .[9]
Menos usuais son os sinónimos:
claussenita,[10]
gibbsitogelita,[11] e
beta-kliachita.
As principais propiedades da gibbsita son:[4] [12]
A gibbsita ten tres politipos:[Cómpre referencia]
A gibbsita e a bayerita cristalizan no sistema monoclínico,[4] mentres que a doyleita e a nordstrandita fano no triclínico.
A estrutura da gibbsita é análoga á estrutura básica das micas. Está formada por capas ou láminas de octaedros de hidróxido de aluminio apiladas. Os octaedros están formados por ions de aluminio (Al3+) coordinados octaedricamente con seis ions hidroxilo (OH-). Cada un destes hidroxilos está unido só a dous ions de aluminio, porque nun de cada tres octaedros está ausente o catión central. O resultado é unha lámina electricamente neutra. A falta de carga eléctrica nas láminas de gibbsita fai que non sexa necesaria a existencia de ions entre elas actuando como nexo de unión entre as mesmas. En consecuencia, as capas só se manteñen unidas por cargas residuais.
A estrutura da gibbsita está estreitamente relacionada coa da brucita (Mg(OH)2). Porén, a menor carga positiva do Mg2+ fronte ao Al3+ implica que non é necesario que un de cada tres octaedros estea vacante. A diferente simetría da gibbsita e a brucita é o resultado do distinto modo en que as láminas se apilan.
A estrutura básica do corindón (Al2O3) é idéntica á da gibbsita, coa diferenza de que os hidroxilos están substituídos por oxíxeno (O2-). A maior carga do O2- provoca que as láminas non sexan neutras, motivando que se unan con outros catións de aluminio adicionais —situados encima e debaixo—, o que dá como resultado a estrutura tridimensional do corindón.
Así mesmo, a gibbsita é interesante porque a miúdo forma parte da estrutura doutros minerais. Capas neutras de hidróxido de aluminio aparecen intercaladas entre láminas de importantes silicatos do grupo da arxila; así sucede na illita, a caolinita e nos filosilicatos do grupo da esmectita. As capas individuais de hidróxido de aluminio son idénticas ás láminas de gibbsita e como tal se consideran.[14]
Este mineral é produto da alteración epixenética doutros minerais de aluminio.[4]
A bauxita, principal mena do aluminio, non é un mineral, senón unha rocha sedimentaria produto da alteración, por meteorización, de rochas que conteñen silicatos de aluminio e pouco cuarzo libre, como por exemplo, a sientia nefelínica e, sobre todo, as calcarias arxilosas, e constituída fundamentalmente por hidróxidos de aluminio (bohemita, diásporo, gibbsita e cliachita —ou alumogel—), acompañados de hematita (óxido de ferro III), minerais arxilosos e algo de cuarzo. Na súa alteración nun clima tropical, cálido e húmido, prodúcese o arrastre de todos os seus compoñentes agás os hidróxidos de alumninio e de ferro.[7] [15]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.