Astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Gerald Paul 'Jerry' Carr foi un astronauta estadounidense que formou parte da tripulación da misión Skylab 4. Pasou un total de 84,05 días no espazo.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Gerald Paul Carr 22 de agosto de 1932 Denver, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de agosto de 2020 (88 anos) Albany, Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Princeton - enxeñería aeronáutica (–1962) Naval Postgraduate School (pt) - enxeñería aeronáutica (–1961) Universidade do Sur de California - enxeñaría mecánica (–1954) Santa Ana High School (en) (–1950) USC Viterbi School of Engineering |
Actividade | |
Ocupación | astronauta (1966–1977), enxeñeiro , oficial , Enxeñeiro de aviación |
Empregador | NASA, astronauta |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
Rango militar | coronel (pt) |
Tempo no espazo | 84 días, 1 hora e 15 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Carr naceu o 22 de agosto de 1932 en Denver, Colorado. É graduado en enxeñería mecánica pola Universidade do Sur de California en 1954 e en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1961, e ten un máster en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Princeton de 1962. Está casado e ten tres fillas e tres fillos. Entre as súas afeccións atópanse o mergullo, a natación, a caza, a pesca e a carpintería.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en abril de 1966, xunto con outros 18 candidatos. Formou parte da tripulación de soporte e exerceu de CAPCOM (encargado das comunicacións) nas misións Apollo 8 e Apollo 12. En 1973 comandou a misión Skylab 4, durante a cal unha tripulación de tres homes ocupou a estación espacial Skylab e pasou no espazo un total de 84 días, 1 hora e 15 minutos.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.