ave acuática da familia Rallidae From Wikipedia, the free encyclopedia
A galiña de río (Gallinula chloropus (Linné, 1758))[2], tamén chamada galiñola,[3] galiña de auga, pita de auga ou pita de río,[4] é unha especie de ave gruiforme da familia Rallidae que habita en Eurasia e África. Non se debe confundir coa especie: Porzana pusilla.
Galiña de río | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gallinula chloropus chloropus | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Gallinula chloropus (Linné, 1758) | |||||||||||||||
A galiña de río común mide aproximadamente 37 cm de longo. Presenta un escudo facial vermello, faixas brancas nos flancos, plumaxe negra e patas amarelas. Os individuos inmaturos son de cor castaña escura co abdome máis claro, sen o escudo facial vermello.
Aliméntase dunha gran variedade de material vexetal, alén de pequenos animais acuáticos. Frecuenta lagos, lagoas, canles, pantanos e tamén lagunas salobres. É ave migratoria, marchando para o norte durante o inverno austral.
O niño é unha cesta cuberta construída no chan entre vexetación densa. A femia deposita entre 8 e 12 ovos. Pode haber unha segunda niñada no ano, composta entre 5 e 8 ovos. A incubación dura aproximadamente tres semanas e realízana ambos pais.
Amplamente distribuída no mundo, existen aproximadamente 12 subespecies, ademais de dous representantes do Plioceno Superior de América do Norte:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.