Gai
un home ao que atraen outros homes / From Wikipedia, the free encyclopedia
Para o artigo sobre o lugar, véxase Gai, Vilaxuste, Portomarín
Un gai[1] ou gay[2] (do inglés gay, esta do francés gai e esta do latín gaudio) é un home homosexual que mantén unha certa actitude e un certo estilo de vida que implican a reivindicación e a afirmación da súa orientación sexual en pé de igualdade coas demais. Porén, na linguaxe coloquial emprégase con frecuencia como sinónimo de homosexual, do mesmo modo que na tradición anglosaxoa abrangue tanto homes como mulleres[3].