Fátima Abal Roma, nada en Cambados en 1978, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE.
Fátima Abal en 2016 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fátima Abal Roma 1978 (45/46 anos) Cambados, España |
Alcaldesa de Cambados | |
2015 – 2022 (dimisión) ← Luís Aragunde Aragunde – Samuel Lago Ozón → | |
Actividade | |
Ocupación | avogada, política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Traxectoria
Licenciada en Dereito, é concelleira en Cambados polo PSdeG-PSOE dende 2011. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Cambados e foi elixida alcaldesa co apoio de BNG, Somos Cambados e Cambados Pode.[1] Nas municipais de 2019 foi reelixida rexedora, desta volta co apoio de Somos Cambados.
É presidenta da I Mesa Interinstitucional Mancomunada de Galicia contra a violencia de xénero[2] contra a violencia de xénero, vogal e membro da Comisión de Igualdade na FEMP en Madrid e coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE no Salnés. Impulsou o primeiro Simposio Internacional LGTBI de Galicia que se segue a celebrar na actualidade todos os meses de outubro.
En xaneiro de 2019 anunciouse a súa investigación por un posible caso de malversación,[3], se ben a Fiscalía determinou, logo da investigación, que era inocente e o delito polo que se lle acusaba inexistente.
En xaneiro de 2022 renunciou á alcaldía por motivos de saúde.[4] Tras a súa renuncia a alcaldía segue a exercer como concelleira de igualdade e crea a Escola de Apoderamento Feminino Dolores del Valle para dar visibilidade e voz ás mulleres cambadesas. Ostenta, ademais, as Concellerías de Educación e Infancia, Mar, Muller e Diversidade.
Predecesor: Luís Aragunde Aragunde |
Alcaldesa de Cambados 2015 - 2022 |
Sucesor: Samuel Lago Ozón |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.