filme de 2010 dirixido por Louis Leterrier From Wikipedia, the free encyclopedia
Furia de titáns (en inglés: Clash of the Titans) é un filme estadounidense dirixido por Louis Leterrier baseado no filme de 1981 Loita de titáns. A historia trata sobre o mito grego de Perseo.
Furia de titáns | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Clash of the Titans |
Director | Louis Leterrier |
Produtor | Basil Iwanyk Kevin De La Noy Richard D. Zanuck |
Guión | Lawrence Kasdan Travis Beacham Phil Hay Matt Manfredi |
Baseado en | Loita de titáns de Beverley Cross |
Intérpretes | Sam Worthington Gemma Arterton Mads Mikkelsen Alexa Davalos Ralph Fiennes Liam Neeson |
Música | Ramin Djawadi |
Fotografía | Peter Menzies Jr. |
Montaxe | Vincent Tabaillon Martin Walsh |
Estudio | Legendary Pictures The Zanuck Company |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 106 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Acción, Épico |
Orzamento | $125 000 000[1] |
Recadación | $493 214 993 |
Filme seguinte | Ira de titáns |
Na rede | |
http://www.clash-of-the-titans.com/ | |
Perseo (Sam Worthington) é fillo do deus Zeus (Liam Neeson) e a esposa humana de Acrisio (Jason Flemyng) rei de Argos. Noutras palabras: Perseo é un semi-deus. Ó decatarse do sucedido, Acrisio asasina a súa muller e enterra o cadáver xunto ó bebé acabado de nacer nun cadaleito que guinda ó mar. Por esta acción, o home é convertido en besta. Namentres, o pescador Dictis (Pete Postlethwaite) atopa o cadaleito e adopta o meniño.
Os habitantes de Argos, liderados polo seu rei, destrúen unha estatua adicada a Zeus, e o seu irmán envexoso Hades (Ralph Fiennes) decide vingarse por iso e mátaos, incluída a familia adoptiva de Perseo. Os soldados logran rescatalo e Hades aparece para advertilos de algo: no próximo eclipse de Sol, o demo Kraken destruirá a cidade en vinganza. A única solución é sacrificar a princesa Andrómeda (Alexa Davalos).
Coa axuda de oito soldados e dous cazadores, Perseo liderará un grupo para salvar a cidade e vingarse do asasinato da súa familia adoptiva, para así evitar que o seu tío logre derrocar a seu pai, do cal recibe axuda momentaneamente. Liderando unha banda de bravos guerreiros e acompañado por Ío (quen o protexeu dende que era un bebe), Perseo emprende unha perigosa viaxe meténdose en mundos prohibidos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.