From Wikipedia, the free encyclopedia
Ophelia é un furacán que en outubro de 2017 percorreu o océano Atlántico, chegando ata Irlanda e Gran Bretaña como tormenta (chamada alí a 'tormenta Ophelia'). En 2005 e 2011 houbo outros furacáns co mesmo nome.
Foi o furacán de grande intensidade localizado máis ó leste do océano Atlántico do que se ten rexistro. O domingo 15 de outubro pasou a uns 500 km de Galicia, continuando camiño cara ó Atlántico Norte para achegarse ás costas de Irlanda xa como tormenta.[1]
Formado o 9 de outubro e disipado o 18, foi considerado extratropical pola súa situación o 16. Acadou ventos de velocidade 51 m·s-1 (185 km/h), cunha presión mínima de 960 mbar. É parte da tempada 2017 de furacáns no Atlántico.
Nos arredores do 15 de outubro de 2017, os fortes ventos de Ophelia axudaron a facer medrar e estender unha vaga de incendios forestais no noroeste da Península Ibérica, dende Lisboa a Cantabria (en particular, norte de Portugal, Galicia e Asturias.
O balance de mortos acada os 38 en Portugal e 4 en Galicia, contando ademais decenas de feridos.[2][3] O número de incendios en Portugal roldou os 150, máis de 80 en Galicia e máis de 30 en Asturias.
A nube provocada rebaixou a luz en moitas poboacións do norte galego a niveis comparables os dunha eclipse solar, producíndose un anoitecer virtual a tarde do día 16. A cinza viaxou impulsada polos fortes ventos ata Inglaterra.
Entre o 16 e o 17, Ophelia, xa como tormenta, atravesou Irlanda, de sur a norte, deixando ao menos tres mortos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.