Froita silvestre
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Froita silvestre[1] é a denominación popular e gastronómica coa que se coñece un grupo de froitas miúdas e comestíbeis que tradicionalmente non se cultivaban senón que medraban en gamallos, arbustos e incluso árbores bravas nos bosques e fragas. Adoitan ser bagas doces ou un chisco acedas, zumarentas e intensamente coloreadas. Adoitan empregarse para elaborar zumes, marmeladas ou aromatizar bebidas e pratos, especialmente sobremesas coma tortas, iogures e xeados.
A comercialización en Galiza aínda non está xeneralizada, con todo, as froitas bravas forman parte da cultura popular, xa que estes froitos son comúns en valados, bosques e camiños de todo o país: amoras, amorodos bravos, framboesas e arandos principalmente.
A froita silvestre é de especial importancia para a fauna salvaxe, e acostuma ser a máis atractiva polas súas cores intensas, que axudan ao espallamento das sementes das plantas. A meirande parte das bagas bravas é froita silvestre comestíbel, mais cómpre ter en conta que algunha é velenosos.
As súas fortes cores son pigmentos sintetizados pola planta. Algunhas pescudas[2] descubriron propiedades medicinais dos polifenois pigmentados, coma flavonoide, antocianina, tanino e outros fitoquímicos localizados principalmente na pel e nas sementes. Por iso, moitas froitas silvestres teñen pigmentos antioxidantes e unha alta capacidade de absorción de radicais de osíxeno ("ORAC") entre alimentos vexetais. Son consideradas alimentos moi saudábeis.
A nivel comercial e de cultivo coñécense coma froitas vermellas, froitas do bosque e moi comunmente co anglicismo: berries (bagas).
Adoitan considerarse a nivel gastronómico como tales as froitas a seguir:
Nos montes galegos tamén medran froitos bravos comestíbeis que poderían considerarse froita silvestre, mais que gastronomicamente non se consideran así; é o caso dos froitos secos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.