From Wikipedia, the free encyclopedia
François Alexandre Pierre de Garsault, nado o 16 de abril de 1691 en Aix-en-Provence, e finado o 3 de agosto de 1778 en París, foi un botánico, zoólogo e ilustrador francés, que foi membro da Academia Francesa das Ciencias.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1691 Aix-en-Provence |
Morte | 3 de agosto de 1778 París |
País de nacionalidade | francesa |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, zoólogo |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Garsault |
Premios | |
Membro da Academia Francesa das Ciencias | |
François-Alexandre de Garsault reibiu unha educación moi completa que lle permitiu escribir sobre unha ampla variedade de asuntos. Publicou varios libros sobre o tema ecuestre. Le Nouveau Parfait Maréchal, un traballo popular sobre o cabalo publicado en 1741, para o que tamén debuxa ilustracións, tivo un grande éxito durante o século XVIII.
Dotado cunha boa cultura científica, publicou tamén escritos sobre botánica (por exemplo, estaba moi interesado nas pteridófitas e nas espermatófitas),[1] e zooloxía, especialmente Figures des plantes et animaux d'usage en médecine en 1764. Participou en numerosas obras para o Academia das Ciencias de Francia sobre varios ofiocios.[2]
François-Alexandre de Garsault publicou numersoas obras co seu nome, ilustrou as obras científicas doutros autores e traduciu unha obra do inglés.
Algunhas das súas obras foron traducidas ao español, ao alemán e ao inglés.
A abreviatura Garsault emprégase para recoñecer a François Alexandre Pierre de Garsault como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica,[3] e en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.