![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/Francisco_Fern%25C3%25A1ndez_del_Riego_homenaxe_ante_a_tumba_de_Castelao._Cementerio_de_la_Chacarita._Buenos_Aires_1954.jpg/640px-Francisco_Fern%25C3%25A1ndez_del_Riego_homenaxe_ante_a_tumba_de_Castelao._Cementerio_de_la_Chacarita._Buenos_Aires_1954.jpg&w=640&q=50)
Francisco Fernández del Riego
intelectual galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio,[1] nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913[2] e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político[3] galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín.[4] Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do Grupo Nós.[5]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1913 ![]() Vilanova, España ![]() |
Morte | 26 de novembro de 2010 ![]() Vigo, España ![]() |
![]() | |
1997 – 2001 ← Domingo García-Sabell – Xosé Ramón Barreiro → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , político , editor ![]() |
Partido político | Partido Galeguista ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Ensaio, narrativa |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Evelina Hervella Nieto |
Fillos | non tivo |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O 9 de xullo de 2022, o plenario da Real Academia Galega, institución que presidiu de 1997 a 2001, decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.[6]
“ | A cultura non se pode politizar seitariamente, perténcelle ao país, que se interpreta a través dela.[7] | ” |