Francisco Caridad Mateo
aparellador, militar e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
aparellador, militar e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Javier Caridad Mateo, nado en Cambre o 16 de novembro de 1907 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1996, foi un aparellador, militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1907 Cambre, España |
Morte | 14 de setembro de 1996 (88 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | aparellador, militar, político |
Partido político | Partido Comunista de España |
Familia | |
Pai | Rogelio Caridad Pita |
Irmáns | Xosé Caridad Mateo |
Fillo do xeneral Rogelio Caridad Pita. Pasou a súa infancia e mocidade na Coruña. Afiliado ao Partido Comunista de España, impartiu unha conferencia na Casa do Pobo da Coruña sobre o Estatuto de Galicia en xuño de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao golpe na Coruña. Fusilado o seu pai, Rogelio Caridad, incorporouse cos seus irmáns ao bando republicano. Foi ascendido a tenente en outubro de 1938.[2] Ao remate da guerra marchou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Despois exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 27 de xullo de 1939 a bordo do buque Mexique. Volveu clandestinamente a España enviado polo PCE, utilizando o nome Manuel Vidal García. En 1944 chegou a Galicia con José Gómez Gayoso, instalándose na Coruña. Foi detido pola Garda Civil en novembro de 1944 e trasladado a Madrid xunto con Alfonso Bengoa Ibabe e Práxedes Garcés de Mingo e condenado a prisión en 1945. O PCE acusouno de revelar información secreta nos interrogatorios e foi expulsado do partido. Estivo preso na Prisión Central de Burgos, de onde saíu en liberdade condicional en 1956.[3] Nos anos sesenta era caixeiro da empresa PEBSA da Coruña.[4] Finou na Coruña o 14 de setembro de 1996.[5]
Casou con María Manzanero Salas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.