militar español From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Bastarreche Díaz de Bulnes, nado en Cádiz o 11 de agosto de 1882 e finado en Madrid o 12 de maio de 1962,[1] foi un militar e político español.
Fillo do vicealmirante Félix Bastarreche Herrera. Ingresou na Escola Naval flotante en 1898, e participou como oficial nas campañas de Melilla e nas operacións de Mar Chica. Como capitán de corveta mandou o torpedeiro número 2, e despois nomeárono xefe do Polígono de Tiro de Ferrol. En 1931 era comandante do cruceiro Almirante Cervera e en 1935, sendo capitán de navío, e nomeárono director da Escola Naval Militar de Marín.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 adheriuse ao golpe e declarou o estado de guerra en Marín e coa colaboración da aviación foi un dos artífices da declaración do estado de guerra en Pontevedra. Foi nomeado comandante naval de Palma de Mallorca. Despois mandou o cruceiro Canarias e designárono comandante xeral do Departamento Marítimo de Cádiz. Ao rematar a guerra pasou ao Ministerio de Mariña, e despois volveu á Escuadra, ascendérono a almirante e nomeárono capitán xeneral do Departamento de Cartaxena. Foi conselleiro nacional de FET y de las JONS e procurador en Cortes, como capitán xeneral do Departamento de Cartaxena. Figurou como membro do Consello do Reino dende a súa creación. Colaborou no libro La guerra de Liberación Nacional, publicado pola Universidade de Zaragoza en 1961.
Casou con Concepción Moreno Fernández e foi pai de Concepción, Blanca e María Asunción Bastarreche Moreno. Foi avó de José Yusty Bastarreche.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.