Francesco Redi
From Wikipedia, the free encyclopedia
Francesco Redi, nado en Arezzo o 18 de febreiro de 1626 e finado en Pisa o 1 de marzo de 1697, foi un médico, naturalista, fisiólogo, e escritor toscano.
Francesco Redi | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de febreiro de 1626 Arezzo |
Morte | 1 de marzo de 1697 (71 anos) Pisa |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | toscano |
Educación | Universidade de Pisa |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioloxía |
Ocupación | médico , parasitólogo , naturalista , científico , entomólogo , poeta , pintor , biólogo , botánico |
Empregador | Florencia |
Membro de | |
Profesores | Remigio Cantagallina (pt) |
Alumnos | Anton Maria Salvini (pt) |
Pseudónimo literario | Anicio Traustio |
Lingua | Lingua italiana |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Redi |
Francesco Redi demostrou (aínda que sen ter demasiado crédito entre os científicos da época) que os insectos non nacen por xeración espontánea, expoñendo as súas experiencias na obra Osservazioni intorno alla generaziones degli insetti (Observacións sobre a xeración dos insectos), de 1668.
Polo seu labor investigador, exposto sobre todo na obra Osservazioni intorno agli animali viventi che si trovano negli animali viventi ("Observacións sobre os animais viventes que se atopan nos animais viventes"), publicada en 1664, está considerado o fundador da helmintoloxía científica (estudo dos vermes parasitos). Amais, realizou tamén estudos sobre o veleno das víboras.