![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Poppy_Northcutt_2019.jpg/640px-Poppy_Northcutt_2019.jpg&w=640&q=50)
Frances Northcutt
From Wikipedia, the free encyclopedia
Frances Marian Northcutt, nada en Many (Luisiana) o 10 de agosto de 1943, maiormente coñecida como Poppy, é unha matemática, enxeñeira da NASA e avogada estadounidense especializada nos dereitos das mulleres. Comezou a súa carreira profesional como calculadora humana e logo conseguíu o posto de enxeñeira para Programa Apolo da NASA durante a carreira espacial. Foi a primeira muller enxeñeira en traballar no Centro de control de misión da NASA durante o Apollo 8.[1][2][3] O cráter lunar Poppy foi nomeado así na súa honra polo seu traballo e por ser pioneira no Proxecto Apolo.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1943 ![]() Luisiana - Louisiana, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Poppy ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Texas en Austin Dayton High School (en) ![]() Universidade de Houston University of Houston Law Center (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas, enxeñaría e dereito ![]() |
Ocupación | matemática , avogada , enxeñeira , activista polos dereitos das mulleres ![]() |
Empregador | NASA ![]() |
Máis adiante, Northcutt converteuse en avogada especializada nos dereitos das mulleres. A principios da década de 1970, foi membro da Xunta Directiva nacional da Organización Nacional de Mulleres[4] e traballa como voluntaria en varias organizacións de Houston que avogan polos dereitos do aborto. A nova onda de feminismo en Estados Unidos que se produciu na época, fíxolle interesarse por esta causa e por tomar o camiño das leis como medio para liberar as mulleres.