Foxa das Marianas
foxa mariña From Wikipedia, the free encyclopedia
foxa mariña From Wikipedia, the free encyclopedia
A foxa das Marianas ou fosa das Marianas[1] é a máis profunda foxa mariña coñecida, e é o lugar máis profundo da codia terrestre. Localízase no fondo do Pacífico norte-occidental, ao leste e sur das Illas Marianas, preto de Guam.
(en) Mariana Trench | ||||
Tipo | Fosa abisal | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Illas Marianas | |||
Localización | ||||
División administrativa | Illas Marianas do Norte, Estados Unidos de América | |||
| ||||
Bañado por | North Pacific Ocean (en) | |||
Características | ||||
Altitude | −10.994 m | |||
Punto máis baixo | abismo Challenger (−10.984 m ) | |||
A foxa foi visitada por primeira vez en 1951 pola fragata da Mariña Real Británica o Challenger, que dá o nome á parte máis profunda da foxa, o Abismo de Challenger. Usando ecolocalización, mediuse unha profundidade de 10.902 m nos 11°19′N 142°15′L.
En 1957, a nave soviética Vityaz reportou unha profundidade de 10934 metros. En 1962, o M.V. Spencer F. Baird rexistrou unha profundidade de 10.902 metros.
Pero non foi senón ata o 23 de xaneiro de 1960, que se descendeu por primeira e única vez, usando un batiscafo chamado Trieste invención de Auguste Piccard, o cal era capitaneado por Jacques Piccard, fillo do primeiro, para dese xeito superar os efectos da gran presión que existe a devanditas profundidades. Os sistemas de a bordo indicaban unha profundidade de 11.521 m, que despois foi revisada e resultou ser de 10.902 metros[2].
Na foxa atopáronse unha lura xigante e varias especies descoñecidas entón.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.