Abismo de Challenger
punto máis profundo medido do fondo do mar da Terra From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
punto máis profundo medido do fondo do mar da Terra From Wikipedia, the free encyclopedia
O abismo Challenger[1] (foxa de Challenger[2][3] ou sima de Challenger) é o punto máis profundo medido nos océanos.[4][5] Atópase no grupo das illas Marianas, no extremo sur da foxa das Marianas, no océano Pacífico. A terra máis achegada é a illa Fais, unha das illas exteriores de Yap, 289 km ó suroeste, e Guam, 306 km ao nordés. A foxa foi nomeada na honra do barco da Mariña Real Británica HMS Challenger, que participou no descubrimento da foxa en 1875.
Tipo | deep (en) Fosa tectónica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | HMS Challenger | ||||
Parte de | Foxa das Marianas | ||||
Localización | |||||
División administrativa | sen valor | ||||
| |||||
Bañado por | North Pacific Ocean (en) | ||||
Características | |||||
Altitude | −10.984 m | ||||
A presión do abismo é aproximadamente 1095 veces maior que a da superficie.
A expedición Challenger (dende decembro de 1872 até maio de 1876) foi a primeira en sondar as profundidades coñecidas hoxe como o abismo de Challenger. A primeira sondaxe foi feita o 23 de marzo de 1875, na estación 225. A profundidade rexistrada foi de 4475 brazas inglesas (8184 m), a partir de dúas sondaxes separadas.
O libro de Sir John Murray The Depths of the Ocean (As profundidades do océano), do ano 1912, rexistra a profundidade do abismo como de 9636 m. Sir John, entón un home novo, foi un dos científicos da expedición. A páxina 131 do libro de Murray refírese ó abismo. Todos os informes orixinais da expedición Challenger poden ser vistos en Internet, na Biblioteca Challenger.[6]
En 1951, uns 75 anos despois do seu descubrimento, a foxa das Marianas foi explorada por completo polo navío da Armada Real Británica HMS Challenger, chamado así polo barco da expedición orixinal. Durante esta travesía, a parte máis profunda da foxa foi medida usando sondaxe por eco, unha forma moito máis precisa e sinxela de medir a profundidade que o método usado pola expedición orixinal. O HMS Challenger mediu unha profundidade de 5960 brazas (10 900 m) nas coordenadas 11°19′N, 142°15′E.
O 23 de xaneiro de 1960, o batiscafo suízo Trieste, adquirido pola Armada dos Estados Unidos, descendeu ó fondo oceánico, tripulado polo oceanógrafo Jacques Piccard (que xunto co seu pai, Auguste Piccard, deseñou o somerxible usado no descenso) e o tenente Don Walsh.
En 1984, un navío oceanográfico xaponés estudou o fondo cun sónar e calculou a profundidade do abismo en 10 923 metros.
En 2009 produciuse un novo descenso ó abismo, co Nereus.[7]
No 2012, James Cameron descendeu até os 10 898 metros de profundidade no Deepsea Challenger e converteuse dese modo na primeira persoa en descender en solitario ó punto máis baixo da terra.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.