Forza Aérea de Francia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Forza Aérea de Francia (francés: Armée de l'Air Française) é a Forza Aérea das forzas armadas francesas. Creouse no ano 1909 como o Service Aéronautique, unha rama do Exército de Francia, e converteuse nunha rama independente en 1934. Segundo a Ministerio de Defensa francés a Forza Aérea tiña 658 aeronaves en 2014.[1] A Forza Aérea de Francia ten 247 avións de combate: 137 Dassault Mirage 2000 e 110 Dassault Rafale. A principios de 2017 empregaba a 41 160 persoas. A súa reserva está formada por 5 187 persoas.[2]
Datos rápidos Activa, País ...
Forza Aérea de Francia | |
---|---|
Armée de l'Air | |
Activa | 2 de xullo de 1934 |
País | Francia |
Tipo | Forza Aérea |
Papel | guerra aérea |
Lema(s) | Faire face |
Páxina web | https://www.defense.gouv.fr/air |
Insignias | |
Insignia |
Pechar
O xefe de Estado Maior da Forza Aérea Francesa (CEMAA) é un subordinado directo do Xefe do Persoal de Defensa (CEMA).