![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/113-GU_Rafale_C_01.jpg/640px-113-GU_Rafale_C_01.jpg&w=640&q=50)
Dassault Rafale
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Dassault Rafale é un caza multirrol francés bimotor con configuración canard e con á delta deseñado e fabricado por Dassault Aviation. Equipado cunha gran variedade de armas, o Rafale está deseñado para tarefas de superioridade aérea, interdición, recoñecemento, apoio a terra, ataque de profundidade, ataque anti-buque e disuasión nuclear. Dassault refírese ao Rafale como un avión "omnirrol".
Dassault Rafale | |
---|---|
![]() Rafale C no Festival Aéreo da Coruña en 2014 | |
Tipo | caza multirrol |
Fabricante | Dassault Aviation |
Primeiro voo | Rafale A demo: 4 de xullo de 1986 Rafale C: 19 de maio de 1991 |
Introducido | 18 de maio de 2001 |
Produción | 1986 - presente |
Unidades construídas | 201 (2019) |
A finais dos 70 a Forza Aérea Francesa e a Armada Francesa buscaban substituír e consolidar as súas frotas de avións. Co obxectivo de reducir custos de desenvolvemento e de impulsar as futuras vendas, Francia entrou no programa co Reino Unido, Alemaña, Italia e España para producir un áxil caza multipropósito, o Eurofighter Typhoon. Posteriores desacordos con respecto á repartición de traballo e diferentes requisitos fixeron que Francia crease o seu propio programa de desenvolvemento. Dassault construíu un demostrador tecnolóxico que voou por vez primeiro en xullo de 1986 como parte dun programa de probas de voo de oito anos, abrindo o camiño para darlle vía libre do proxecto. O Rafale diferenciase doutros cazas europeos da súa época en que está fabricado case enteiramente nun país, involucrando á meirande parte dos grandes contratistas de defensa franceses, como Dassault, Thales e Safran.
Gran parde do equiamento do avión e da súa aviónica, como a entrada de voz directa, o radar de barrido electrónico activo RBE2 AA e o sensor de busca e rastreamento por infravermellos optronique secteur frontal, desenvolvéronse e fabricáronse domesticamente para o programa Rafale. Orixinalmente planeouse a súa entrada en servizo para o ano 1996, pero o Rafale sufriu significativos atrasos debido a recortes no seu financiamento tras o final da Guerra fría e a cambios nas prioridades. O avións está dispoñible en tres versións principais: o Rafale C monopraza baseado en terra, o Rafale B bipraza baseado en terra, e o Rafale M monopraza baseado en portaavións.
Introducido en 2001, o Rafale é fabricado para a Forza Aérea Francesa e para operacións embarcadas na Armada Francesa. O Rafale foi comercializado para ser exportado a distintos países, sendo escollido polas forzas aéreas da India, Exipto, Qatar e Grecia. O avión usouse en combate en Afganistán, Libia, Malí, Iraq e Siria.