![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/Insignia_of_the_Indonesian_Air_Force.svg/langgl-640px-Insignia_of_the_Indonesian_Air_Force.svg.png&w=640&q=50)
Forza Aérea de Indonesia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Forza Aérea de Indonesia (indonesio: Tentara Nasional Indonesia Angkatan Udara) é o brazo aéreo das Forzas Armadas Nacionais de Indonesia. Ten o seu cuartel xeral en Iacarta e está comandada polo Xefe de Estado Maior da Forza Aérea. A súa orde de batalla divídese en tres Comandos de Operacións Aéreas. A maioría das súas bases aéreas están situadas na illa de Xava.[1] A Forza Aérea de Indonesia tamén ten a súa unidade de forza terrestre, chamada Comando da Forza de Reacción Rápida da Forza Aérea. O corpo tamén é coñecido como os "boinas laranzas" (Baret Jingga) debido á cor distintiva dos seus gorros de servizo.
Forza Aérea de Indonesia | |
---|---|
Tentara Nasional Indonesia Angkatan Udara TNI-AU | |
![]() | |
Activa | 9 de abril de 1946 |
País | ![]() |
Tipo | forza aérea |
Papel | guerra aérea |
Tamaño | 30 100 efectivos 224 avións |
Páxina web | https://www.tni-au.mil.id/ |
Insignias | |
Escarapela | ![]() ![]() |
A Forza Aérea de Indonesia ten 30 100 efectivos e está equipada cuns 110 avións de combate. Entre o seu inventario inclúense 32 F-16 Fighting Falcon estadounidense como cazas principas, suplementados por cinco Su-27 e once Su-30 rusos, Hawk 200, KAI T-50 e Embraer EMB 314.[2] A Forza Aérea indonesia tamén ten a intención de mercar 50 cazas KF-X de Corea.[3] En 2023 a Forza Aérea mercou 42 Rafale de Francia,[4] xunto con transportes C-130J e un a vehículo aéreo non tripulado de grande autonomia e media altitude.[5] A forza aérea tamén asinou un memorándum de entendemento para adquirir 24 cazas Boeing F-15EX Eagle II a partir de agosto de 2023.[6]