![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/87/KAI_FA-50_Fighting_Eagle_of_ROK_AirForce_%2528cropped%2529.jpg/640px-KAI_FA-50_Fighting_Eagle_of_ROK_AirForce_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
KAI T-50 Golden Eagle
From Wikipedia, the free encyclopedia
O KAI T-50 Golden Eagle (coreano: 골든이글) é unha familia de adestradores avanzados e aviónsde combate lixeiros supersónicos de Corea do Sur desenvolvidos por Korea Aerospace Industries (KAI) con Lockheed Martin.[1] É o primeiro avión supersónico indíxena de Corea do Sur e un dos poucos adestradores supersónicos do mundo.[2]
KAI T-50 Golden Eagle | |
---|---|
![]() | |
Tipo | adestrador avanzado/caza lixeiro |
Fabricante | Korea Aerospace Industries Lockheed Martin |
Primeiro voo | 20 de agosto de 2002 |
Introducido | 22 de febreiro de 2005 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Corea do Sur Forza Aérea de Iraq Forza Aérea de Indonesia Forza Aérea de Filipinas |
Produción | 2001 - presente |
Unidades construídas | 200 |
O desenvolvemento do T-50 comezou a finais dos anos 90, e o seu primeiro voo foi no ano 2002. Entrou en servizo activo coa Forza Aérea da República de Corea en 2005. O T-50 foi posteriormente desenvolvido con variantes como avión acrobático e de combate, as T-50B, TA-50 e FA-50. Considerouse tamén unha variante monopraza de caza multipropósito do F-50, pero finalmente foi cancelada. O T-50B serve co equipo acrobático da Forza Aérea de Corea do Sur, os Black Eagles.
O T-50 está en servizo con varios países. Iraq recibiu 24 avións da variante de adestramento, designados T-50IQ, en 2016. A variante de ataque lixeiro TA-50 é operada por Indonesia, 16 avións entraron en servizo en 2014 e en 2021 pedíronse 6 aparellos máis. Filipinas opera 12 unidades da variante de caza lixeiro FA-50, e o país considera pedir outras 12 unidades. Tailanda pediu 12 aparellos da versión de adestramento avanzado, T-50TH, en 2015.[3] No ano 2022 Polonia pediu 48 FA-50,[4] en en 2023 Malaisia pediu 18 aparellas da última variante Block 20, coa posibilidade de mercar outros 18.[5]