![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Embraer_175_Flybe_G-FBJG_01.jpg/640px-Embraer_175_Flybe_G-FBJG_01.jpg&w=640&q=50)
Flybe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Flybe é a aeroliña rexional independente máis grande de Europa. Está baseada en Exeter e opera máis voos domésticos no Reino Unido que calquera outra compañía. Transporta ao redor de 7 millóns de pasaxeiros anualmente en 149 rutas a 62 destinos de 9 países, conectando con centros de conexión de longa distancia en Manchester, Birmingham, París, Dublín e Ámsterdam. É membro da European Regions Airline Association.[1] A compañía nai de Flybe é Flybe Group PLC (anteriormente coñecida como Walker Aviation Limited), que cotiza na bolsa de Londres.
Flybe | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA BE | OACI BEE | Indicativo JERSEY |
Fundación | 1 de novembro de 1979 (como Jersey European Airways) | |
Plan de voo frecuente | Avios | |
Frota | 84 | |
Destinos | 102 | |
Holding | Flybe Group PLC | |
Eslogan da compañía | The Fastest Way From A to Flybe.... Faster than road or rail | |
Sede | ||
Páxina web: http://flybe.com/ |
A aeroliña naceu en 1979 como Jersey European Airways tras a fusión de Intra Airways e Express Air Services. No ano 1983 foi vendida ao Walker Steel Group, que tamén era dona de Spacegrand Aviation, e as dúas aeroliñas uníronse baixo o nome de Jersey European en 1985. Jersey European foi rebautizada como British European no ano 2000 (acurtado a "BE"), e recibiu o seu nome actual en 2002.