Flavobacteriia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A clase Flavobacteriia (antes Flavobacteria) está composta por unha soa orde de bacterias ambientais.[1] As Flavobacteriia son un grupo de bacterias comensais e patóxenos oportunistas. Flavobacterium psychrophilum causa enfermidades septicémicas como a síndrome das crías da troita arco da vella e a enfermidade da auga fría bacteriana dos salmónidos. Segundo Bernardet et al., as Flavobacteriia son bacilos aerobios gramnegativos, de 2–5 µm de longo, 0,3–0,5 µm de largo, con extremos arredondados ou cónicos que teñen motilidade por esvaramento, forman colonias amarelas (de cor crema a alanranxada) en ágar, descompoñen varios polisacáridos pero non a celulosa, e os seus contidos G+C son do 32–37 %, e están amplamente distribuídas en hábitats e auga dioce e no solo.
Flavobacteriia | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Orders | |||||||
Flavobacteriales |
O nome é a miúdo escrito como Flavobacteria, pero oficialmente desde o ano 2012 denomínanse Flavobacteriia.[2][3]