![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ca/Prince_Philip_Prospero_by_Diego_Vel%25C3%25A1zquez.jpg/640px-Prince_Philip_Prospero_by_Diego_Vel%25C3%25A1zquez.jpg&w=640&q=50)
Filipe Próspero de Austria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Filipe Próspero de Austria, nado en Madrid o 28 de novembro de 1657 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1661, foi príncipe de Asturias. Terceiro fillo e primeiro varón do matrimonio formado por Filipe IV de España e Mariana de Austria. Separadamente de Margarida Teresa e Carlos, foi o único que superou os 2 anos de vida daquel matrimonio.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1657 ![]() Madrid ![]() |
Morte | 1 de novembro de 1661 ![]() Madrid ![]() |
Lugar de sepultura | Panteón de Infantes ![]() |
![]() | |
1658 – 1661 ← Baltasar Carlos de España – Carlos II de España → | |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Príncipe da Coroa (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Outro![]() | |
Título | Príncipe de Asturias Príncipe de Xirona Príncipe de Viana ![]() |
Familia | Casa de Habsburgo ![]() |
Pais | Filipe IV de España ![]() ![]() |
Irmáns | María Tareixa de Austria e Borbón, Margarida Tareixa de Austria, Carlos II de España, Xoán Xosé de Austria, Baltasar Carlos de España e Fernando Tomé de Austria ![]() |
![]() |
Nado como Felipe Próspero José Francisco Domingo Ignacio Antonio Buenaventura Diego Miguel Luís Alfonso Isidro Ramón Víctor de Austria, a súa vinda ao mundo foi recibida con gran alegría, xa que desde a morte do príncipe Baltasar Carlos en 1646 a Casa Real española carecía de herdeiros varóns. Filipe foi inmediatamente convertido en Príncipe de Asturias.
O príncipe Filipe Próspero foi retratado en 1659 por Velázquez. O cadro, que reflicte unha profunda tenrura cara ao pícaro pero que tamén constitúe un dramático reflexo da súa natureza enfermiza, atópase hoxe no Kunsthistorisches Museum de Viena.