From Wikipedia, the free encyclopedia
Fidelio oder die eheliche Liebe (en galego Fidelio ou o amor conxugal) é unha ópera en 2 actos con música de Ludwig van Beethoven e libreto en alemán de Joseph Ferdinand Sonnleithner baseado no libreto anterior en francés de Jean-Nicolas Bouilly que fora empregado en 1798 para a ópera Léonore, ou L’amour conjugal de Pierre Gaveaux e en 1804 para a ópera Leonora de Ferdinando Paer (Beethoven tiña a partitura desta). A súa estrea tivo lugar no Theater an der Wien de Viena o 20 de novembro de 1805.
Cartel dunha representación en 1814. | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | J. Sonnleithner – revisado por S. von Breuning e G. F. Treitschke |
Fontes literarias | Léonore ou L’amour conjugal de Jean-Nicolas Bouilly (1789) |
Estrea | 20 de novembro de 1805 |
Teatro da estrea | Theater an der Wien |
Lugar da estrea | Viena |
Duración | 2 horas 25 minutos |
Música | |
Compositor | Ludwig van Beethoven |
coro | Participación destacable[1] |
Personaxes | |
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 20 de novembro de 1805 (Director: Ignaz von Seyfried) |
Elenco na estrea, versión final, 23 de maio de 1814 (Director: Michael Umlauf) |
---|---|---|---|
Florestan, un prisioneiro | tenor | Friedrich Christian Demmer | Giulio Radichi |
Leonore, súa muller | soprano | Anna Milder | Anna Milder |
Rocco, carceleiro | baixo | Rothe | Carl Friedrich Weinmüller |
Marzelline, súa filla | soprano | Louise Müller | Theresa Bondra |
Jaquino, axudante de Rocco | tenor | Caché | Früwald |
Don Pizarro, gobernador da prisión | baixo-barítono | Sebastian Mayer | Johann Michael Vogl |
Don Fernando, ministro do rei | baixo | Weinkopf | Ignaz Saal |
Dous prisioneiros | tenor e baixo | Descoñecidos | Descoñecidos |
Soldados, prisioneiros, cidadáns[2] |
Nota: a segunda versión da ópera estreouse o 29 de marzo de 1806 co mesmo elenco que a primeira estrea, a excepción de Joseph August Röckel no papel de Florestan. A única outra representación da segunda versión tivo lugar o 0 de abril de 1806.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.