O Fiat 4 HP, ou 3 ½ HP, foi o primeiro modelo de automóbil producido por FIAT. Foron producidas oito unidades no seu primeiro ano (1899) e un total de 26 entre 1899 e 1900.

Datos rápidos
Fiat 4 HP
Thumb
Outros nomesFiat 3½ HP
FabricanteFiat
PaísItalia Italia
DeseñoAristide Faccioli[1]
MontaxeCorso Dante, Turín, Italia
Período1899-1900
Dimensións
Lonxitude2300 mm
Anchura1420 mm
Altura1450 mm
Distancia eixes1470 mm
Peso680 kg
Características técnicas
Motor2 en liña 679 c.c.[2]
Modelos relacionados
SucesorFiat 6 HP
Pechar
Thumb
O FIAT 4 HP no National Motor Museum, no Reino Unido.

Características

O coche tiña un motor de 2 cilindros refrixerado por auga de 0,7 litros (679 c.c.), de montaxe traseira producían 4,2 cabalos de forza a 800 rpm, montado cunha caixa de cambios de tres velocidades (non foi incluída a marcha atrás). Con este pequeno motor o coche podía alcanzar a velocidade máxima de 35 km/h. Malia ter un motor tan pequeno, o coche consumía 8 l/100 km.

Este primeiro Fiat baseouse no traballo do fabricante de automóbiles Ceirano GB & C, responsable doutro modelo cedo de automóbil, o Ceirano Welleyes.[3] O 3 ½ tiña unha carrozaría de Marcello Alessio de Turín.[4] Polo menos catro destes primeiros Fiat sobreviviron: un no Museo do Automóbil de Turín, o Centro Storico Fiat, o National Motor Museum no Reino Unido e o Museo Ford en Dearborn (Míchigan), nos EUA.[4][5]

Galería

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.