From Wikipedia, the free encyclopedia
Ceirano GB & C foi unha empresa de automóbiles italiana, fundada en outubro de 1898 por Giovanni Battista Ceirano, Emanuele dei Bricherasio, Attilio Calligaris, Pietro Fenoglio e César Goria Gatti.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A sede da compañía estableceuse en Turín, onde en 1899 comezouse a construír un pequeno coche de dous asentos, o Welleyes deseñado por Aristide Faccioli. O Welleyes foi un grande éxito comercial para Ceirano, pero os directivos víronse incapaces de facer fronte á demanda do vehículo. A continuación, en xullo de 1898 Ceirano decidiu vender as plantas e as patentes a Giovanni Agnelli.
O Welleyes presentouse o 30 de abril de 1899, foi deseñado por Aristide Faccioli, un dos enxeñeiros de automoción con máis talento nese momento. O coche estaba equipado cun motor bicilíndrico horizontal de 663 cm³, con transmisión de correa de coiro e caixa de cambios de dúas velocidades , capaz de alcanzar velocidades de 35–40 km/h de velocidade. O primeiro coche que fixo Fiat, o FIAT 3 ½ HP deriva directamente deste modelo.
Outros modelos de Ceirano:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.