![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9a/ESC_2020_Map.svg/langgl-640px-ESC_2020_Map.svg.png&w=640&q=50)
Festival de Eurovisión 2020
From Wikipedia, the free encyclopedia
O LXV Festival de Eurovisión ía ser a 65ª edición do festival, e celebraríase nos Países Baixos en maio de 2020, despois de que Duncan Laurence gañase a edición de 2019 coa súa canción «Arcade». Esta será a quinta vez que Países Baixos organizará o certame, tras a edición de 1980. Tamén sería o primeiro evento oficial de Eurovisión que celebrado en chan neerlandés desde o Festival de Eurovisión Júnior 2012.
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Festival de Eurovisión 2020 | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 12 de maio de 2020 (cancelado) |
Semi-final 2 | 14 de maio de 2020 (cancelado) |
Final | 16 de maio de 2020 (cancelado) |
Anfitrión | |
Supervisor executivo | ![]() |
Televisión anfitrioa | ![]() [1][2] Nederlandse Publieke Omroep (NPO) Nederlandse Omroep Stichting (NOS) |
Participantes | |
Participantes | 41 (previstos) |
Países que retornan | ![]() ![]() |
Países que se retiran | ![]() ![]() |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan de 1 a 8 puntos, 10 puntos (aparecen automaticamente nas pantallas), e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.
En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto, no que cada país entrega de 1 a 8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta. |
Festival de Eurovisión | |
◄2019 ![]() |
Estaba previsto que o as semifinais do festival tiveran lugar nos días 12 e 14 de maio e a gran final o día 16 de maio de 2020.[3] Estaba prevista a participación de corenta e un países no certame. Bulgaria e Ucraína ían regresar tras a súa ausencia na edición de 2019, mentres que Hungría e Montenegro confirmaran a súa retirada.
Porén, o 18 de marzo de 2020, a Unión Europea de Radiodifusión anuciou que o evento quedaba cancelado por mor da pandemia do coronavirus en Europa. Isto supuxo a primeira ocasión que o festival se cancelaba nos 64 anos de historia.[4] Tras a cancelación, a UER, comezou as conversas para organizar o Festival de Eurovisión 2021.