Festival de Eurovisión 2019
From Wikipedia, the free encyclopedia
O LXIV Festival de Eurovisión foi a 64ª edición do festival e celebrarase en Tel Aviv, Israel, os días 14, 16 e 18 de maio de 2019, trala vitoria de Netta Barzilai e a súa canción «Toy» no certame de 2018. Foi a terceira ocasión na que Israel acolleu o festival, tras organizar as edicións de 1979 e 1999.
Festival de Eurovisión 2019 Dare to dream | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 14 de maio de 2019 |
Semi-final 2 | 16 de maio de 2019 |
Final | 18 de maio de 2019 |
Anfitrión | |
Presentador(es) | Assi Azar Bar Refaeli Erez Tal Lucy Ayoub |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Produtor executivo | Zivit Davidovich [1] |
Televisión anfitrioa | |
Participantes | |
Participantes | 41 |
Países que se retiran | Bulgaria Ucraína[lower-alpha 1] |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan de 1 a 8 puntos, 10 puntos (aparecen automaticamente nas pantallas), e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.
En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto, no que cada país entrega de 1 a 8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses votos súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta. |
Canción gañadora | «Arcade», Duncan Laurence
Países Baixos |
Festival de Eurovisión | |
◄2018 2020► |
O lema desta edición foi Dare to dream («Atrevede a soñar»). Este, para Jon Ola Sand, representa «ser valente e ter a confianza suficiente como para actuar no escenario ante unha audiencia mundial e atreverse a soñar con gañar o Festival da Canción de Eurovisión», representando a diversidade, a inclusión, e a unidade.[2]