Ferreira de Pantón, Pantón
parroquia civil do concello de Pantón From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Pantón From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Ferreira de Pantón é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 609 habitantes (299 homes e 310 mulleres), un máis ca en 2011. A parroquia ten 17 lugares.
Ferreira de Pantón | |
---|---|
Praza do Concello. | |
Concello | Pantón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°30′40″N 7°37′38″O |
Área | 4,4 km² |
Poboación | 609 hab. (2012) |
Densidade | 138,41 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa parroquial rematouse de construír en 1796. Anteriormente a igrexa atopábase nun prado preto da aldea do Basillao, e a parroquia chamábase Santa María de Basillao:
Fernando II, xunto co seu fillo Afonso, dá a dona Fronilde e ó mosteiro de Ferreira todo o que tiña no couto de Ferreira, coas igrexas de Santa María de Basillao, San Vicente de Deade, San Martiño de Siós e San Ciprán de Vilamelle[2]Cartas Diplomáticas do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, 1180
Limita coas parroquias pantonesas de Castillón e Moreda polo norte; Pantón polo leste; Siós, Deade e Següín polo sur e Eiré polo leste.[3]
Na parroquia están situados o mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón, o castro de Ferreira e o castelo de Maside.
No lugar de Goián atópase un pazo que pertenceu ao duque de Sagro. O templo parroquial é do século XVIII, decorado con retablos do século XIX. A Casa Consistorial é un edificio señorial de pedra de cantería, do século XVII. Outros edificios notables a destacar son: a Casa da Fonte, Casa de Mazás e a Torre do Mouro.[4]
Lugares da parroquia de Ferreira de Pantón no concello de Pantón (Lugo) | |
---|---|
Basillao | As Bouzas | A Capa | Os Castriños | O Castro de Ferreira | O Curro | A Estrada | Goián | Lavandeira | O Mouro | Os Ramos | Santadriao | A Torre | O Valiño | A Vila da Carreira | A Vila do Mato | A Vila do Souto |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.