Ferrari TR
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ferrari TR ou 250 Testa Rossa, é un modelo de coche de carreiras construído por Ferrari nos anos 1950 e 60. Estes coches dominaron todos os escenarios, con variacións gañaron as 24 Horas de Le Mans en 1958, 1960 e 1961. Estaban estrechamente relacionado co resto da liña Ferrari 250, especialmente o lendario 250 GTO.
Ferrari Testa Rossa | |
Deseño | Sergio Scaglietti, Pininfarina e Fantuzzi |
Produción | 1957 a 1961 |
Configuración | |
Tipo | Roadster |
Dimensións | |
Peso | 800 kg. |
Modelos relacionados | |
Relacionado | Ferrari 250 GTO |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/05/1961_Ferrari_250_TR_61_Spyder_Fantuzzi_34_left_2.jpg/640px-1961_Ferrari_250_TR_61_Spyder_Fantuzzi_34_left_2.jpg)
- Ver tamén os modelos 500 TR e Testarossa.
En total construíronse, trinta e catro 250 Testa Rossas entre 1956 e 1961. A frase "Testa Rossa" significa "cabeza vermella". O máis coñecido, o 250 TR, foi producido desde 1957 ata 1958, só foron construídos dous coches de fábrica e 19 coches para clientes. Logo do 250 GTO, o 250 Testa Rossa é o segundo modelo de Ferrari máis valioso, a miúdo valorado en máis de 8 000 000 de dólares. Un 250 Testa Rossa de 1957 vendeuse o 20 de agosto de 2011 por 16´4 millóns de dólares, un novo récord mundial de prezos de poxa dun coche cando se ten en conta a inflación.[1] Tamén hai que sinalar que houbo un tempo en que este coche, xunto con varios modelos similares, foi visto como un mero cacharro "escangallado" e obsoleto. En 1965 vendíase por un prezo tan baixo como 4.000 $.