![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2d/Ferran_d%2527Antequera_al_retaule_Sancho_de_Rojas_%2528detall%2529.jpg/640px-Ferran_d%2527Antequera_al_retaule_Sancho_de_Rojas_%2528detall%2529.jpg&w=640&q=50)
Fernando I de Aragón
rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sicilia, de Sardeña e de Córsega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando I de Aragón, nado en Medina del Campo o 27 de novembro de 1380 e finado en Igualada o 2 de abril de 1416, chamado tamén Fernando de Trastámara, Fernando de Antequera, Fernando o Xusto e Fernando o Honesto, foi infante de Castela, rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sicilia, de Sardeña e de Córsega; duque de Neopatria e de Atenas; conde de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña; e rexente de Castela. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara, aínda que era Aragón (como o resto dos pretendentes ao trono no Compromiso de Caspe) pola rama materna, pois a súa nai Leonor de Aragón era irmá de Martiño I de Aragón, chamado o Humano.[1][2]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar