especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O fento mariño (Asplenium marinum ou Asplenium auritum), é unha especie de fento pertencente á familia Aspleniaceae. Medra en todo o litoral atlántico europeo e mediterráneo. Aparece nas tres provincias costeiras galegas.
Fento mariño | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Asplenium marinum L. |
É un fento con rizoma oblicuo, cuberto de páleas linear-lanceoladas, con ápice filiforme, de castaño-claras a castaño-escuras. Frondes de até 58 cm, en fascículos laxos; pecíolo xeralmente menor que a lámina, de castaño avermellado a negro acastañado; raque castaño avermellado, verdoso no ápice; lámina 8-37 x 2-8 cm, 1-pinnada,oblongo-lanceolada, coriácea, raramente membranácea; pinnas 1,25-3,5 x0,7-1,5 cm, até 40 a cada lado do raque, curtamente pecioluladas, sésiles ou decorrentes,ovadas, subromboidais ou oblongas, obtusas e asimétricas na base, coa marxe crenada, dentada ou serrada; nervios 2-4 veces bifurcados. Soros(2)6-12(18) por pinna, oblongos, largos, xeralmente non confluentes. Esporas (23)27-32(38) μm de diámetro, ovais, xeralmente con perisporio cristado, con cristas pouco elevadas, reticulado-verrugoso nas aréolas. Ten un número de cromosomas de 2n = 72; n = 36.[1]
Atópase en cantís mariños abeirados das vagas, tanto calcarios coma silíceos; rara vez no interior. Litoral atlántico europeo. Adoita medrar nas fendas das rochas.
Medra a plena luz, aínda que atura a sombra, requirindo calor. Aparece no piso colino principalmente. Cómpre de invernos suaves e humidade atmosférica alta. Prefire os solos moi secos (indicador de solos secos), ricos en bases (pH de 5,5 a 8, indiicador de alcalinidade) e moi pobres en azote.
Medra en todo a Europa atlántica, macaronésica, e en boa parte da beiramar mediterránea occidental. Na Península Ibérica aparece en toda a costa cantábrica e atlántica. Con pequenas poboación en Xirona, Illas Baleares e Valencia. En Galiza medra nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.
Asplenium auritum foi descrita por Peter Olof Swartz e publicado en Journal für die Botanik 1800(2): 52. 1801.[2]
O nome galego ‘fento mariño’ (en portugués feto-marinho) refírese ao seu hábitat natural.
O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a dade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo). marinum: epíteto referido ao hábitat mariño. auritum: epíteto que significa "orellán".[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.