From Wikipedia, the free encyclopedia
A Federación Peruana de Fútbol (FPF) é a institución responsable de organizar e regular os campionatos oficiais de fútbol do Perú. Foi fundada o 23 de agosto de 1922 (102 anos) sendo o seu primeiro presidente Claudio Martínez Bodero. Está afiliada á FIFA dende 1924 e á Conmebol dende 1925. Tamén é responsable das distintas seleccións nacionais.[1]
Réxese por orde de prioridade pola normativa internacional, o código civil e a lei deportiva cuxas normas son a base dos seus estatutos e regulamentos. A asemblea de base é o órgano supremo da FPF e está integrada polos clubs de fútbol profesional e as 25 ligas departamentais.
A Federación ten por obxecto promover, dirixir, xestionar e controlar a práctica do fútbol afeccionado e profesional, de acordo co seu estatuto, a normativa que regula esta disciplina e a normativa deportiva internacional.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.