From Wikipedia, the free encyclopedia
A febre amarela (tamén chamada a praga americana), é unha doenza viral aguda e infecciosa causada polo "virus da febre amarela", que pertence á familia dos Flaviviridae, e do xénero Flavivirus amaril.[1] É unha causa importante de enfermidade hemorráxica en moitos países de África e a zona norte de Suramérica que orixina 30 000 mortes cada ano. Nesas rexións é unha enfermidade endémica.[2] Existe unha vacina efectiva pero non se coñece cura polo que cando persoas non vacinadas contráena só se lles pode proporcionar tratamento sintomático. A palabra amarelo do nome refírese ós signos de ictericia que afectan a algúns pacientes.[3]
Febre amarela | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Aedes aegypti: principal vector do virus da febre amarela. | |
OMIM | 243200 |
DiseasesDB | 14203 |
MedlinePlus | 001365 |
eMedicine | emerg/645 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Febre amarela | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía MET: múltiples virións da f. amarela (234.000x) | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Especie tipo | |||||||
''Yellow fever virus'' |
A febre amarela só ocorre no presente en África, Suramérica e o Caribe.[4] A maioría dos gromos en Suramérica ocorren entre persoas que traballan nas selvas tropicais chuviosas, converténdose por iso, nesas localidades, nunha enfermidade ocupacional.
É transmitida pola picadura do mosquito Aedes aegypti e outros mosquitos dos xéneros Aedes, Haemagogus[5] e Sabethes, que se atopan xeralmente a menos de 1.300 metros sobre o nivel do mar, pero Aedes foron achados ocasionalmente até os 2.200 msnm, nas zonas tropicais de América e África. Na febre amarela de transmisión urbana hai que lembrar que Aedes aegypti abunda en zonas húmidas ó redor da auga estancada limpa, e só pica durante o día.
A doenza pode permanecer localmente descoñecida en humanos por extensos períodos e de súpeto brotar nun modo epidémico. En Centroamérica, Venezuela e Trindade, tales epidemias debéronse á forma da enfermidade (febre amarela selvática), que permanece viva na poboación de monos ouveadores e é transmitida polo mosquito Haemagogus, o cal vive precisamente no dosel forestal das selvas chuviosas. O virus pasa ós humanos cando as selvas altas son talladas. Os obreiros forestais poden entón transmitir a enfermidade a outros, iniciando así unha epidemia.[6]
O período de incubación sitúase entre os 3 e os 7 días. A duración da enfermidade en caso de curación é dunha a dúas semanas. Tras o período de incubación cabe distinguir dúas formas clínicas: a leve e a grave ou clásica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.