cantante acerbaixano From Wikipedia, the free encyclopedia
Farid Mammadov (en acerbaixano: Fərid Məmmədov) é un cantante acerbaixano, coñecido internacionalmente por representar a Acerbaixán no Festival de Eurovisión 2013 coa canción "Hold me" (en galego: "Apértame").[1]
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1991 (33 anos) Bakú, Acerbaixán |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
2013 | Festival de Eurovisión 2013 |
Mammadov naceu en Bakú. Dende a súa infancia, formou parte do conxunto musical Bulbul dirixido por Aybaniz Hashimova, sendo o solista principal por un longo tempo. É alumno da Universidade Estatal Azarí de Cultura e Artes. Traballa para o Centro de Jazz de Bakú. En marzo de 2013, Mammadov gañou a final nacional azarí para o Festival de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö, Suecia. Foi o primeiro solista masculino que representou o país. En 2013, Farid Mammadov, gañou a preseleción, o Milli Seçim Turu 2013, coa canción "Hold Me" conseguindo o 1º posto, 139 puntos, da segunda semifinal do Festival da Canción de Eurovisión 2013. Na final, partindo como un dos favoritos, conseguiu o 2º posto, con 234 puntos.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.