empresa galega do sector da madeira From Wikipedia, the free encyclopedia
FINSA, acrónimo de Financiera Maderera, SA, é unha empresa galega do sector da madeira, especializada na fabricación de taboleiros de madeira.
FINSA | |
---|---|
Vista de Finsa de Santiago na N 550. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1931 |
Localización | Santiago de Compostela, (A Coruña) Galiza |
Persoas clave | Santiago García Baliña |
Industria | Forestal |
Produtos | Taboleiro aglomerado e MDF |
Beneficio | 870 millóns de euros (en 2017)[1] |
Número de empregados | 3.000 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Fundada por Manuel García Cambón en 1931 como un serradoiro, os seus primeiros anos son dun lento crecemento. En 1946 déuselle o nome actual e a partir dese momento baseou o seu sistema de negocio no financiamento da madeira, que se lles pagaba aos propietarios mentres esta aínda estaba medrando no monte. Este modelo de negocio resultou exitoso, pois fidelizaba os vendedores, obrigaba a un investimento máis pausado e controlado, e permitía axustar a curta ás necesidades de produción, e non ao revés.
En 1964 abre a primeira fábrica de taboleiro de aglomerado da Península Ibérica en Pontecesures, e en 1969 a planta principal en Santiago de Compostela. Dende ese momento, a principal fonte de negocio será a produción de taboleiro a partir de piñeiro e eucalipto. A expansión da firma continuou coa apertura de novas plantas, como a de taboleiros de fibra (MDF) en Pontecesures (1981), ou coa compra doutras empresas madeireiras galegas (Oremberg, Fibranor, Foresa) ou portuguesas (Maderiberia, Lusofinsa).
En 1990 o seu presidente fundador falece, e é substituído polo seu fillo máis vello Manuel García Baliña. Todo o accionariado repártese entre os membros da familia.
O proceso de expansión e compra de empresas do sector prosegue, e en 2000 a firma alíase coa empresa de grandes almacéns El Corte Inglés e funda Utisa, unha firma especializada na produción de madeira para a fabricación de mobles. A súa expansión continuou mercando firmas como Decotec, Écar ou Faus, que lle abriron intereses nos Estados Unidos e boa parte de Europa, e que lle permitiron dedicarse á produción de mobles de montaxe rápida para multinacionais do sector como Ikea ou Leroy Merlin.
Na actualidade, FINSA dedícase á produción de taboleiro aglomerado e MDF, así como doutros derivados da madeira, como a melamina ou a chapa de madeira, colas ou parafinas.
A firma ten catorce plantas de produción e máis de 3.000 empregados[2]. Produce uns 0,2 billóns de metros cúbicos de madeira ao ano[3], cunha facturación de 960 millóns de euros[4] en 2007 (sen contar a facturación das filiais Faus e Utisa), o que a sitúa como a quinta maior empresa de Galicia[5] e a sexta madeireira de Europa.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.