![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2b/FIDE_World_FR_Chess_Championship_2019_-_Magnus_Carlsen.jpg/640px-FIDE_World_FR_Chess_Championship_2019_-_Magnus_Carlsen.jpg&w=640&q=50)
FIDE
federación internacional de xadrez / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Federación Mundial de Xadrez ou Federación Internacional de Xadrez é unha organización internacional que integra as diversas federacións nacionais de xadrez, coñecida usualmente como FIDE, o seu acrónimo francés (Fédération Internationale des Échecs) [1][2]
FIDE | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | FIDE, ФИДЕ, ФИДЕ, ФИДЕ, ФИДЕ, ФИДЕ, ФІДЕ, ფიდე, פיד״ה, 国际棋联, 國際棋聯, ՖԻԴԵ, فیده, ফিদে e ഫിഡെ |
Tipo | federación deportiva internacional e chess federation |
Deporte | xadrez |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 20 de xullo de 1924 |
Presidente/a | Arkady Dvorkovich (2018-) ![]() |
Sede | Lausana |
En | Vaud |
País | Suíza |
Na rede | |
https://fide.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O seu lema é Gens una sumus, en latín "Somos unha familia". A FIDE fundouse en xullo de 1924 en París.[3] En 1999 foi recoñecida polo Comité Olímpico Internacional (COI). Desde maio de 2022, hai 200 federacións membros da FIDE.[4] Os seus últimos presidentes son Kirsan Ilyumzhinov, presidente de Camulquia, e Arkady Dvorkovich. O orzamento da FIDE para 2022 foi de €12'84 millóns, un aumento grande respecto ao orzamento de 2021, de €4 millóns, grazas aos dereitos de torneos, patrocinadores e doazóns.[5]