From Wikipedia, the free encyclopedia
O exercicio físico é a acción de pór en movemento activo todo o corpo ou unha parte do mesmo,[1] a actividade física recreativa, que se realiza en momentos de lecer ou de tempo libre, é dicir fora do traballo ou actividade laboral. É unha afección que obtén unha vivencia pracenteira, comunicativa, creativa e social das prácticas corporais.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
O exercicio físico implica a realización de movementos corporais planificados e deseñados especificamente para estar en forma física e gozar de boa saúde.[Cómpre referencia]
O termo de exercicio físico inclúe o da ximnasia, o baile, os deportes e a educación física.[Cómpre referencia]
O exercicio físico é un compoñente do estilo de vida que nas súas distintas facetas ximnasia, deporte e a educación física constitúen actividades vitais para a saúde. A prolongación da vida e a terapia contra numerosas enfermidades consisten hoxe día no exercicio físico, o deporte e o exercicio metódico porque educan, disciplinan, desenvolven a vontade e preparan ao ser humano para a produción e a vida.[2]
É universalmente coñecido que o exercicio físico sistemático promove a saúde e contribúe decisivamente á lonxevidade do home. Investigacións[Cómpre clarificar] realizadas en diversos centros especializados e os resultados obtidos demostran que o tempo que se dedica a mellorar a capacidade física constitúe un tempo ben empregado.
Os beneficios fundamentais que o exercicio físico regular ofrece sobre a saúde son:
As enfermidades na que se demostrou que o exercicio físico é beneficioso son:[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.