Exón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un exón (/eksón/)[1] é unha secuencia de ácido nucleico contida nos ARN maduros orixinada despois de que se eliminaran durante o splicing as porcións de intróns do ARN precursor ou ben cando dúas ou máis moléculas de ARN precursor se unen por trans-splicing. A molécula de ARN madura pode ser un ARN mensaxeiro ou unha forma funcional de ARN non codificante como o ARNr ou o ARNt. Dependendo do contexto, o termo exón pode referirse a unha secuencia de ADN ou dun trasncrito de ARN.