From Wikipedia, the free encyclopedia
Eudora Alice Welty, nada en Jackson (Mississippi) o 13 de abril de 1909 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2001, foi unha escritora estadounidense que escribiu novelas e contos sobre o Sur dos Estados Unidos. Welty gañou o Premio Pulitzer en 1973 pola súa novela The Optimist's Daughter. Así mesmo, foi galardoada coa Medalla Presidencial da Liberdade en 1980. O seu fogar en Jackson foi designado como un Fito Histórico Nacional e está aberto ao público como un museo.
Welty naceu en Jackson, filla de Chestina e Christian Welty, unha mestra e un executivo de seguros respectivamente. Eudora tivo dous irmáns, Edward e Walter.[1]
Estudou no Mississippi State College for Women e posteriormente asistiu á Universidade de Wisconsin-Madison e a Columbia Business School na Universidade de Columbia. Mentres estaba na Universidade de Columbia, foi a capitá do equipo feminino de polo e frecuentaba o café de Romany Marie durante os anos 1930.[2]
Viviu a maior parte da súa vida na veciñanza de Belhaven en Jackson, nunha casa que os seus pais construíran en 1925. Posteriormente, doou a casa ao Departamento de Historia e Arquivos de Mississippi. A casa foi preservada e convertida en museo tras ser declarada un Fito Histórico Nacional.
Durante os anos trinta, Welty traballou como publicista para a Works Progress Administration, un traballo que a fixo viaxar por todo Mississippi. Welty aproveitaba o seu tempo para tomar fotografías, especialmente as que manifestaban os efectos da Gran Depresión. Por entón, tratou de expor as súas fotografías. Publicáronse varias coleccións das súas fotografías, incluíndo One Time, One Place (1971) e Photographs (1989).
A partir da década de 1950 abandonou a fotografía e dedicouse completamente a escribir.[3] Xa o seu primeiro conto, "Death of a Traveling Salesman", foi publicado en 1936. O seu traballo chamou a atención da escritora Katherine Anne Porter, quen se converteu na súa mentora e escribiu o prefacio para o seu primeiro libro de contos, A Curtain of Green (1941). O libro converteu a Welty nunha das novas figuras literarias estadounidenses.
A súa novela The Optimist's Daughter gañou o Premio Pulitzer á Novela en 1973. Así mesmo, en 1992, recibiu o Rea Award for the Short Story polas súas contribucións aos contos estadounidenses.
Welty era membro da Fellowship of Southern Writers, fundada en 1987. Tamén ensinou composición creativa en diversos obradoiros e universidades.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.