From Wikipedia, the free encyclopedia
Os estercoráridos (Stercorariidae) son unha familia de aves da orde Charadriiformes coñecidas vulgarmente como palleiras,[1] merdeiros[1] ou papamerdas[2]. Os papamerdas están emparentados coas gaivotas, as aves zancudas e as pardelas.
Estercoráridos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Palleira parasita | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase texto |
En xeral, son aves de tamaño medio a grande, cunha plumaxe tipicamente agrisada ou marrón, e a miúdo presentan unhas manchas brancas nas ás. O seu peteiro é bastante longo, coa punta curvada, e os seus pés son palmados con poutas afiadas. Os papamerdas semellan gaivotas grandes e escuras, mais posúen unha membrana carnosa ou cera sobre a mandíbula superior que a diferenza destas. Son aves fortes e acrobáticas.
Son aves mariñas que aniñan en rexións tépedas e árticas, e son aves migratorias de longa distancia.
Fóra da época de reprodución aliméntanse de peixes e preas. Moitos son cleptoparasitos parciais e cazan gaivotas, carráns e outras aves mariñas para roubarlles as súas capturas; as especies de maior tamaño a miúdo matan e aliméntanse de aves adultas, que poden acadar o tamaño do gaivotón atlántico. Nas zonas de cría, aliméntanse normalmente de lemmings, e de ovos e crías doutras aves.
Nas tres especies máis pequenas (todas elas holárticas) as aves reprodutivas posúen as dúas plumas centrais da cola claramente alongadas e polo menos algúns adultos teñen as partes inferiores de cor branca e o pescozo de cor amarela clara, características estas que as especies de maior tamaño (todas orixinarias do Hemisferio Sur agás o palleira grande) non comparten. Por tanto, os papamerdas divídense a miúdo en dous xéneros: Stercorarius, ao que só pertencen as especies de menor tamaño, e Catharacta, ao que pertencen as especies de maior tamaño. Con todo, non existe unha base xenética para esta separación. De feito, o ADN mitocondrial (que se herda só da nai) do papamerda pomarino e o do palleira grande presentan máis afinidades entre si que co do papamerda palanquín ou calquera das especies do Hemisferio Sur. Así pois, a hibridación debe xogar un papel importante na evolución da diversidade dos papamerdas do Hemisferio Norte.
Coñécense sete especies de Stercorarius:[3]
As catro derradeiras especies clasifícanse ás veces no xénero Catharacta.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.