Filla máis nova dos príncipes Rainiero III e Grace de Mónaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Stéphanie Marie Élisabeth Grimaldi, nada en Mónaco o 1 de febreiro de 1965, é a filla máis nova dos príncipes Rainiero III e Grace de Mónaco. Traballou temporalmente como cantante, deseñadora de traxes de baño, modelo e artista.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1965 (59 anos) Palácio do príncipe do Mónaco (pt) |
Outros nomes | Stéphanie |
Residencia | Monaco-Ville |
Educación | Cours Hattemer Sisters of the Infant Jesus (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música e modelaxe |
Ocupación | cantante, modelo, filántropa, política, deseñadora |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz e piano |
Deporte | Ximnasia hípica |
Outro | |
Título | Princesa |
Familia | Dinastía Grimaldi |
Cónxuxe | Adans Lopez Peres (2003–2004), divorcio Daniel Ducruet (1995–1996), divorcio |
Parella | Jean Raymond Gottlieb |
Fillos | Louis Ducruet () Daniel Ducruet Paulina Ducruet () Daniel Ducruet Camille Gottlieb () Jean Raymond Gottlieb |
Pais | Rainerio III de Mónaco e Grace Kelly |
Irmáns | Alberte II de Mónaco Carolina de Mónaco |
Parentes | Frank Sinatra, padrinho |
Páxina web | tinyurl.com… |
Estefanía naceu en 1965 no Palacio do Príncipe de Mónaco, terceira e último filla do príncipe Rainiero III de Mónaco e de Grace Kelly. A súa madriña de bautismo foi a súa curmá Elizabeth Ann de Massy, filla da princesa Antonieta, mentres que o seu tío materno, John Brendan Kelly, Jr. foi o seu padriño.[1] Estefanía recibiu o seu nome en honor á súa antepasada Estefanía de Beauharnais.
Estudou no Dames de Saint-Maur de Mónaco e despois na Dupanloud de París. Rematou o bacharelato en 1982.[2] Durante os seus anos de escola estudou danza clásica e piano, tamén competiu en ximnasia e equitación. Fala fluidamente monegasco, francés, inglés e italiano.
O 13 de setembro de 1982, cando regresaban a Mónaco da súa casa de campo de Rocagel (Francia), ela e a súa nai sufriron un accidente de tráfico. Grace faleceu o día seguinte, mentres que Estefanía sufriu unha ruptura dunha vértebra do pescozo. Aínda que a versión oficial foi que Grace tivo un derramo cerebral mentres conducía, houbo rumores de que era Estefanía, que non asistiu ao funeral da súa nai por estar convalecente, quen conducía o vehículo. Estefanía negouse a falar da morte da súa nai ata 1989, cando deu unha entrevista en que dixo: "Hai moita presión sobre min, porque todo o mundo di que eu conducía o coche, que é a miña culpa, que matei a miña nai... Non é doado cando tes que vivir iso con dezasete anos".[3] A princesa non volveu falar do asunto ata 2002, cando concedeu unha entrevista á revista francesa Paris Match en que dixo: "Non só tiven que pasar polo horrible trauma de perder a miña nai a unha idade temperá, senón estar ao seu lado no momento do accidente. Ninguén pode imaxinar o moito que sufrín e que sigo sufrindo".[4][5]
O seu carácter díscolo e difícil, a súa axitada vida sentimental e a súa rechamante imaxe afastárona do prototipo de princesa europea e provocaron o alcume de «a princesa rebelde». Díxose repetidamente que Estefanía non asumía o seu papel dentro da familia principesca, sometido ao protocolo e obrigas sociais, e preferiu dedicarse ao mundo do espectáculo e do deseño.
En 1983, despois de recuperarse do accidente, comezou un curso de aprendizaxe en Christian Dior, baixo a dirección do xefe de deseño Marc Bohan.[6] O ano seguinte debutou como modelo nunha reportaxe de roupa de alta costura para a revista española ¡Hola!. En 1985 apareceu na revista alemá Vogue e na norteamericana Vanity Fair.[7] Tamén foi imaxe da liña de beleza suíza La Prairie.
En 1986 lanzou a súa primeira liña de traxes de baño con Alix de la Comble, a quen coñecera durante a súa estadía en prácticas en Dior. O desfile de moda para presentar a liña, que se celebrou no Club Sporting de Mónaco e ao que asistiron o príncipe Rainiero III, o príncipe Alberte e a princesa Carolina, foi un acontecemento importante cuberto polos medios de comunicación de todo o mundo.[8] En 1989, Estefanía lanzou o seu propio perfume homónimo.[9]
En febreiro de 1986, Estefanía autoproduciu e publicou o seu primeiro sinxelo coa discográfica francesa Carrere, baixo a produción de Yves Roze. A canción "Ouragan" e a súa versión en Inglés "Irresistible" foron éxitos internacionais, vendendo máis de 2 millóns de copias. "Ouragan" é un dos sinxelos máis vendidos en Francia en toda a historia.[10] O álbum completo Besoin, lanzado como Stéphanie nalgúns países, vendeu máis de 1,5 millón de exemplares, con 100 000 só en Francia.[11]
En xaneiro de 1987, Estefanía lanzou o sinxelo "Young Ones Everywhere" en beneficio de UNICEF. O mesmo ano, trasladouse aos Ánxeles para gravar un novo álbum. O álbum Stéphanie, publicado en 1991, tivo unhas vendas decepcionantes e críticas negativas,[12] a pesar da xira promocional que incluíu unha actuación no programa de Oprah Winfrey.[13] Estefanía rematou así a súa carreira musical despois de gravar "In the Closet" con Michael Jackson para o seu álbum Dangerous. A canción converteuse nun éxito en todo o mundo e entrou no top ten nos Estados Unidos; porén, Estefanía foi acreditada como "Mystery Girl" e a súa participación na canción non se revelou ata uns anos máis tarde.
Fixo unha breve volta á canción en 2006, cando gravou "L'Or de nos vies", un sinxelo benéfico, xunto coa súa fundación para combater a sida.[14]
Stéphanie saíu con Paul Belmondo,[15] Anthony Delon,[16] Rob Lowe, Mario Oliver Jutard e Jean-Yves Le Fur antes de comezar unha relación co seu escolta Daniel Ducruet en 1992.[17]
A parella tivo dous fillos, Louis e Pauline Ducruet, nados en 1992 e 1994 respectivamente no Hospital Princesa Grace en Mónaco. Os nenos foron incluídos na liña de sucesión ao trono monegasco cando Estefanía casou con Ducruet o 1 de xullo de 1995 no concello de Mónaco.[18] A parella divorciouse o 4 de outubro de 1996.[19][20]
Estefanía deu a luz a súa terceira filla, Camille Gottlieb, o 15 de xullo de 1998 no Hospital Princesa Grace.[21] Aínda que no certificado de nacemento nos se incluíu o nome do pai, sospeitouse dende o principio que era o seu xefe de seguridade Jean Raymond Gottlieb[22] e de feito, a propia Camille recoñeceu a Gottlieb como o seu pai.[23] Como os seus pais nunca casaron, Camille non está incluída na liña de sucesión ao trono.
En 2001, Estefanía comezou unha relación cun adestrador de elefantes casado, Franco Knie, e mudouse cos seus tres fillos á súa caravana de circo. Porén, a relación rematou en 2002, e a familia volveu a Mónaco.[24] O 12 de setembro de 2003, Stéphanie casou co acróbata portugués Adans Lopez Peres, membro do elenco do circo Knie.[25] O matrimonio acabou en divorcio o 24 de novembro de 2004.[26]
Estefanía é a madriña de Andrea Casiraghi, fillo máis vello da súa irmá Carolina.[27]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.