From Wikipedia, the free encyclopedia
O Cristo Redentor ou Cristo de Corcovado é unha estatua de 30,1 metros cun pedestal de 8 metros de Xesús de Nazaret cos brazos abertos, situada a 709 metros sobre o nivel do mar, na cidade de Río de Xaneiro, no Brasil, especificamente na cima do cerro do Corcovado. Foi inaugurado o 12 de outubro de 1931, despois de aproximadamente cinco anos de obras.
Cristo Redentor (como parte de Río de Xaneiro, paisaxes cariocas entre a montaña e o mar) | |
---|---|
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Brasil |
Localización | Río de Xaneiro |
Criterios | v, vi |
Inscrición | 2012 (XXXVI sesión) |
Rexión da UNESCO | América Latina e o Caribe |
Identificador | 1100 |
En 1921, no marco da conmemoración polo centenario da independencia do Brasil, xurdiu a idea de facer unha grande estatua dun Cristo Redentor monumental, cos brazos apertos. Cinco anos despois comezaría a obra de máis de mil toneladas de cemento armado que combina enxeñaría, arquitectura e escultura e que rechamantemente, dadas as características do proxecto e a época da súa construción, non se cobrou ningunha vida durante a súa execución.[1]
O enxeñeiro brasileiro Heitor dá Silva Costa é o escollido para dirixir os traballos. Vai rodearse do escultor francés Paul Landowski a quen confiará a construción do monumento. A súa realización presentouse en 1922 pero a obra realmente comezou en 1926. Isto é o resultado das numerosas modificacións que concirnen ao proxecto pero tamén dificultades de financiamento.
A pedra utilizada para o monumento de 38 metros de altura (estatua e pedaña) é a esteatita ("pedra-xabón"), pola súa resistencia aos efectos do tempo e das variacións climáticas. En 1928, a construción experimentoualgunhas modificacións. A armazón metálica foi substituída por unha estrutura en formigón armado. Ademais, a forma da estatua foi traballada para darlle unha forma de cruz.
Hoxe en día, aos seus 700 metros de altura sobre o nivel do mar, o Cristo Redentor é o miradoiro panorámico máis famoso do Brasil e a icona carioca máis fotografada polos turistas que visitan ese país.[1] A estatua foi inaugurada o 12 de outubro de 1931 en presenza dun cardeal[quen?] e en presenza dun xefe de Goberno provisional[quen?]. A estatua coñeceu traballos pola visita do Papa Xoán Paulo II en 1980 logo en 1990.
Para mellorar as visitas, unha escaleira mecánica e un ascensor panorámico foron construídos en 2003. Trátase do monumento do Río de Xaneiro máis visitado con 1,8 millóns de visitadores ao ano.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.