Espectroscopia astronómica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A espectroscopia astronómica é a técnica de espectroscopia usada na astronomía. Dado que a espectroscopia queda ben descrita no seu propio artigo, aquí imos a centrarnos no seu uso na astronomía. O obxecto de estudo é o do espectro da radiación electromagnética, incluída a luz visible, que radia dende as estrelas e outros obxectos celestes. A espectroscopia pódese usar para coñecer moitas das propiedades das estrelas e galaxias distantes, tales coma a súa composición química e movemento, mediante efecto Doppler.