Efecto Doppler
From Wikipedia, the free encyclopedia
O efecto Doppler, chamado así polo austríaco Christian Andreas Doppler, é o cambio na frecuencia dunha onda producido polo movemento da fonte respecto ao seu observador, ou á inversa, do observador respecto da fonte emisora, ou de ambos os dous. Doppler propuxo este efecto no ano 1842 no artigo Über das farbige Licht der Doppelsterne und einige andere Gestirne des Himmels ("sobre a cor da luz en estrelas binarias e outros astros"). O científico holandés Christoph Hendrik Diederik Buys Ballot investigou esta hipótese no ano 1845 para o caso de ondas sonoras, confirmando experimentalmente que a tonalidade dun son emitido por unha fonte que se aproxima ao observador é mais aguda que cando a fonte de emisión se afasta (con músicos tocando unha nota calibrada mentres viaxaban nun vagón de tren na liña férrea Utrecht - Ámsterdam). Hippolyte Fizeau descubriu de xeito independente o mesmo fenómeno no caso das ondas electromagnéticas no ano 1848, polo que en Francia este efecto tamén se coñece como Efecto Doppler-Fizeau.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7f/Doppler_effect_diagrammatic.svg/640px-Doppler_effect_diagrammatic.svg.png)