Espectroscopia
estudo do espectro luminoso dos corpos / From Wikipedia, the free encyclopedia
A espectroscopia é o estudo do espectro luminoso dos corpos, con aplicacións en química, física e astronomía, entre outras disciplinas científicas. A análise espectral, na cal se basea, permite detectar a absorción ou emisión de radiación electromagnética de certas enerxías, e relacionar estas enerxías cos niveis de enerxía implicados nunha transición cuántica.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/Spiritusflamme_mit_spektrum.png/150px-Spiritusflamme_mit_spektrum.png)