estructra alxébrica básica da álxebra lineal From Wikipedia, the free encyclopedia
Un dos conceptos básicos en álxebra linear é o de espazo vectorial ou espazo linear.
A noción común de vectores como obxectos con tamaño, dirección e sentido, xuntamente coas operacións de adición e multiplicación por números reais forma a idea básica dun espazo vectorial. Deste punto de partida entón, para definirmos un espazo vectorial, precisamos dun conxunto de elementos e dúas operacións definidas sobre os elementos deste conxunto, adición e multiplicación por números reais. A multiplicación por reais pode ser trocada aínda por algo máis xeral como se mostra a continuación.
Non é necesario que os vectores teñan interpretación xeométrica, senón poden ser calquera obxecto que satisfaga os axiomas de baixo. Os Polinomios de grao n forman un espazo vectorial, por exemplo, así como grupos de matrices NxM e o espazo de todas as funcións dun conxunto noutro (con algunhas condicións adicionais).
Un espazo vectorial é unha entidade formada polos seguintes elementos:
As seguintes regras deben valer para que os elementos mencionados constitúan un espazo vectorial:
As definicións de 1 a 4 mostran que, en canto á operación de adición, un espazo vectorial é un grupo abeliano.
O concepto de espazo vectorial (e os vectores como os seus elementos) é enteiramente abstracto, como os conceptos de grupos, aneis, corpos etc. Para determinar se un conxunto V é un espazo vectorial, temos simplemente que especificar o conxunto, o corpo F, e definir adición e multiplicación por escalar en V. Entón, se V satisfixese as condicións mencionadas, será un espazo vectorial sobre o corpo F.
Un subconxunto S dun F-espazo vectorial V dise un conxunto de xeradores de V se todo vector de V pode expresarse como combinación lineal finita dos vectores de S, isto é, de xeito que
Se alén disto S fose un conxunto linearmente independente, entón diremos que S é unha base para o espazo vectorial V. Se un espazo vectorial posúe un conxunto finito de xeradores, entón tódalas bases do mesmo teñen o mesmo número de elementos. A este número coñéceselle como dimensión.
Son exemplos de espazo vectorial (sobre os números reais):
O propio corpo dos números reais.
O espazo euclidiano de calquera dimensión
O conxunto das matrices de tamaño mxn (onde m e n son enteiros arbitrarios), coas operacións suma e produto por escalar.
O conxunto de polinomios de grao menor ou igual que n (onde n é un número enteiro arbitrario)
O conxunto de funcións reais de variable real.
O conxunto de funcións reais de variable real continuas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espazo vectorial |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.